Santiago
+15° C
Actualizado
lunes, 30 enero 2023
15:29
h

Outes acolleu un foro sobre a biodiversidade

OUTES. A casa de cultura de Outes acolleu o xoves e o venres o Taller das Misións de Economía Social do proxecto GECO, sobre servizos ambientais e conservación da biodiversidade, no que participa o Concello xunto con socios de Italia, Irlanda e Polonia. Os asistentes estudaron a execución do proxecto e os resultados acadados ata o momento, así como o plan de traballo. Xa coa presenza de grupos de interese locais, os representantes dos socios do proxecto realizaron visitas guiadas por Outes e pola lonxa do Freixo. No porto, os representantes europeos coñeceron de primeira man o desenvolvemento da pesca tradicional e do marisqueo que se desenvolve na ría de Muros-Noia. Asimesmo, fixeron unha visita para coñecer as boas prácticas da iniciativa Cabaniñas do Bosque. O alcalde, Manolo González, resaltou a importancia de celebrar en Outes eventos deste estilo que permiten dar a coñecer esta localidade a nivel internacional. suso souto

20 nov 2021 / 14:48
  • Ver comentarios
Noticia marcada para leer más tarde en Tu Correo Gallego
TEMAS
Tema marcado como favorito
Selecciona los que más te interesen y verás todas las noticias relacionadas con ellos en Mi Correo Gallego.