Santiago
+15° C
Actualizado
lunes, 18 octubre 2021
19:39
h

Outes activa tres talleres de memoria para maiores

outes. O Concello de Outes deu comezo a unha nova edición dos obradoiros de memoria, que imparte a coordinadora do centro social do Concello, Elvira García, e que se desenvolverán no propio centro social da Serra e nos locais sociais de Viladomonte, en Valadares, e de Cando, na parroquia homónima. A iniciativa vai dirixida aos maiores do municipio e ten como obxectivo fomentar as relacións interpersoais entre a xente de máis idade e procurar un avellentamento máis activo. Segundo apuntou Raquel García, a concelleira de Igualdade e Servizos Sociais outense, neste momento están anotadas vinte e cinco persoas, polo que aínda quedarían prazas libres se alguén desexara inscribirse. En vindeiras edicións estase valorando a posibilidade de formar novos grupos noutros núcleos se existe un número o suficientemente elevado de persoas interesadas. Os cursos desenvolveranse entre os meses de outubro e maio e son gratuítos. m. T.

13 oct 2021 / 20:20
  • Ver comentarios
Noticia marcada para leer más tarde en Tu Correo Gallego
TEMAS
Tema marcado como favorito
Selecciona los que más te interesen y verás todas las noticias relacionadas con ellos en Mi Correo Gallego.