Santiago
+15° C
Actualizado
sábado, 10 febrero 2024
18:07
h

Outes anuncia melloras para o CEIP e reclama a implicación da Xunta

Outes. O Concello de Outes vén de aprobar en pleno unha partida de 60.881 euros para acometer varias melloras nas instalacións do CEIP Plurilingüe de Outes. Estes recursos destinaranse a obras solicitadas pola comunidade educativa do colexio e terán por obxecto a mellora e ampliación das aulas de educación Infantil, así como unha actuación para ampliar un almacén de usos múltiples.

O alcalde outense, Manuel González, indicou que a actuación nas aulas de educación Infantil é urxente debido ao pequeno tamaño das mesmas. “Debemos apostar por espazos amplos, pois son os desexables, tanto dende o punto de vista sanitario como dende o educativo”, apuntou ao respecto o rexedor.

O alcalde tamén lle solicitou á Xunta de Galicia que se implique na mellora das instalacións do CEIP de Outes ao igual que está a facer o Concello que, con esta actuación de carácter excepcional, “excede as súas responsabilidades, que se circunscriben a labores de mantemento e limpeza do recinto”, indicou.

Por último, González fixo referencia á polémica suscitada polos recortes no colexio, reprochándolle á Xunta “que non teña en conta as necesidades específicas dos concellos rurais en materia de educación, onde o sistema educativo debe xogar un papel activo na fixación de poboación nova”. Ademais, instou ó Goberno galego a que manteña ás coidadoras, pois “as necesidades son as mesmas”. m. t.

16 jul 2021 / 18:56
  • Ver comentarios
Noticia marcada para leer más tarde en Tu Correo Gallego
TEMAS
Tema marcado como favorito
Selecciona los que más te interesen y verás todas las noticias relacionadas con ellos en Mi Correo Gallego.