Santiago
+15° C
Actualizado
sábado, 10 febrero 2024
18:07
h

Outes busca aunar negocio e economía circular con apoio europeo

O Concello lidera o proxecto Circular.rur, financiado polo programa Erasmus+

Outes. Os participantes do proxecto europeo Circular.rur, que se enmarca no programa Erasmus+ e no que participan institucións de Irlanda, Alemaña, Italia, Grecia e Croacia, reuníronse nas últimas xornadas na localidade outense para pór en marcha a iniciativa e intercambiar experiencias en materia de economía circular.

O proxecto, segundo indicaron fontes municipais, busca promover a transferencia de coñecementos innovadores sobre economía circular e o desenvolvemento de novos modelos de negocio baseados nesta, que respondan ás expectativas dos mercados laborais nacionais e europeos e que brinden novas oportunidades de activación fronte aos retos actuais, fomentando contornas rurais máis modernas e sostibles.

Circular.rur está liderado polo Concello de Outes, finalizará o día 31 de outubro de 2023 e conta cun orzamento total de 252.931 euros.

Na xornada do venres tamén houbo un taller no que se expuxeron experiencias prácticas. A Fundación Paideia Galiza e a Fundación Escuela de Organización Industrial reuniron en O Freixo a expertos no ámbito da bioeconomía e da economía circular para concienciar sobre a circularidade como modelo empresarial e a súa aplicación en sectores estratéxicos para a economía galega.

O alcalde, Manuel González López, agradeceu a ambas fundacións a organización e participación deste taller “que ten claras sinerxias co noso proxecto e que foi de máximo interese”, dixo. m. c.

22 abr 2022 / 20:44
  • Ver comentarios
Noticia marcada para leer más tarde en Tu Correo Gallego
TEMAS
Tema marcado como favorito
Selecciona los que más te interesen y verás todas las noticias relacionadas con ellos en Mi Correo Gallego.