Santiago
+15° C
Actualizado
sábado, 18 marzo 2023
01:00
h

Outes celebra as xornadas de apertura do proxecto Erasmus+ de educación

OUTES. Nas últimas xornadas, a casa da cultura de Outes acolleu a apertura oficial do proxecto europeo e‑InnoEduCO2 (Innovation in Climate Change Education), que está integrado no programa Erasmus+ e liderado polo Concello outense, e que conta coa participación de institucións galegas, portuguesas, polacas e romanesas. O obxectivo xeral do proxecto é reforzar a capacidade das institucións de educación e formación para proporcionar unha educación dixital inclusiva e de calidade a través do modelo pedagóxico e-learning STE(A)M-TIC, que permita compensar o incremento nas carencias da UE no ámbito escolar adaptando a formación telemática da era COVID ás necesidades curriculares de experimentación científica. A iniciativa finalizará en 2023 e conta cun orzamento de 251.305 €. m.T.

05 jun 2021 / 01:00
  • Ver comentarios
Noticia marcada para leer más tarde en Tu Correo Gallego
TEMAS
Tema marcado como favorito
Selecciona los que más te interesen y verás todas las noticias relacionadas con ellos en Mi Correo Gallego.