Santiago
+15° C
Actualizado
sábado, 10 febrero 2024
18:07
h

Outes contratará a seis operarios mediante as subvencións provinciais

OUTES. O Concello de Outes vén de publicar a convocatoria de selección para a contratación de seis operarios de servizos básicos municipais dentro do Programa de Integración Laboral da Deputación da Coruña para o ano 2021. Para optar a estes postos de traballos, as persoas interesadas deberán estar inscritas como desempregadas na data de solicitude de candidatos que realizará o Concello ao Servizo Público de Emprego e pertencer a algún dos colectivos con maiores dificultades para atopar un empleo (pódense consultar nas bases, dipoñibles na web municipal). Os candidatos preseleccionados polo SEPE disporán dun prazo de cinco días hábiles, a contar dende o día seguinte á comunicación por parte do Concello, para presentar a documentación necesaria para a valoración da fase de concurso. m. C.

18 mar 2021 / 01:00
  • Ver comentarios
Noticia marcada para leer más tarde en Tu Correo Gallego
Selecciona los que más te interesen y verás todas las noticias relacionadas con ellos en Mi Correo Gallego.