Santiago
+15° C
Actualizado
sábado, 10 febrero 2024
18:07
h

Outes convoca axudas para a promoción da autonomía

Outes. O Concello de Outes vén de informar este martes dunha nova convocatoria de axudas dirixidas a persoas con discapacidade e dependencia, con recursos limitados, coa finalidade de mellorar a súa autonomía.

Segundo recollen as bases –que poden consultarse na web municipal–, subvenciónase a adaptación funcional do fogar e supresión de barreiras arquitectónicas e de comunicación no interior da vivenda (contía máxima subvencionable 1.500 €); a adquisición de próteses dentais (200 €) e/ou audiófonos (500 euros), non previstos no sistema sanitario, ou a adquisición de axudas técnicas ou produtos de apoio de uso persoal e intransferible (cunha contía máxima de 1.500 €).

Poderán ser beneficiarias destas axudas as persoas que teñan recoñecida a situación de dependencia e/ou discapacidade ou a teñan pedido con anterioridade á apertura do prazo de solicitude destas axudas e que acrediten a necesidade das actuacións solicitadas, cumprindo os requisitos sinalados nas bases reguladoras da convocatoria.

O prazo de presentación das solicitudes estará aberto até o día 5 de decembro. Máis información na área de Servizos Sociais (981 850 003) ou na páxina web outes.gal. m. c.

15 nov 2022 / 20:30
  • Ver comentarios
Noticia marcada para leer más tarde en Tu Correo Gallego
TEMAS
Tema marcado como favorito
Selecciona los que más te interesen y verás todas las noticias relacionadas con ellos en Mi Correo Gallego.