Santiago
+15° C
Actualizado
sábado, 10 febrero 2024
18:07
h

Outes crea un coworking para os emprendedores

OUTES. Outes conta dende este mércores cun espazo de traballo colaborativo para promover o nacemento de empresas, xerar emprego e contribuír á dinamización económica da localidade. O Centro de Emprendemento de Outes (CEO), situado na Serra, ofrécelle a todas as persoas emprendedoras do municipio un espazo de traballo dotado de mobiliario, conexión de internet a alta velocidade, sala de reunións así como asistencia técnica e apoio no proceso de desenvolvemento e consolidación de iniciativas empresariais. O CEO bota a andar cunha capacidade de seis postos de traballo situados na planta baixa das antigas escolas do Bosque, na rúa da Capela, con posibilidade de ampliación. O alcalde, Manuel González, asegurou que o espazo de coworking aspira a servir de lanzadeira para a creación de empresas e permitirá xerar emprego. “Preténdese deste xeito fixar en Outes profesionais relacionados con actividades de servizos diversas, como as vinculadas coas novas tecnoloxías”, sinalou o rexedor, quen indicou que xa se mantiveron conversas coa Deputación para unirse á súa rede de espazos de coworking. As persoas emprendedoras e profesionais que queiran facer uso destas novas instalacións poden tramitar a solicitude en calquera momento. Os requisitos para optar a unha praza están dispoñibles na páxina web do concello (www.outes.gal) m. c.

24 nov 2021 / 20:04
  • Ver comentarios
Noticia marcada para leer más tarde en Tu Correo Gallego
TEMAS
Tema marcado como favorito
Selecciona los que más te interesen y verás todas las noticias relacionadas con ellos en Mi Correo Gallego.