Santiago
+15° C
Actualizado
sábado, 10 febrero 2024
18:07
h

Outes dará nova vida ó lixo mariño

Participan nun proxecto para poñer en marcha un centro de transformación de residuos // Estará ubicado en O Freixo

O pasado xoves o Concello de Outes acolleu o acordo para a presentación dunha proposta conxunta dirixida á posta en marcha dun centro para a transformación do lixo mariño. O proxecto está liderado pola Asociación de Mulleres do Sector Pesqueiro SEO Fisterra-Ría de Muros Noia e conta co apoio de varias entidades de inclusión social da comarca como Adisbismur, A Creba e Misela.

Segundo sinalaron fontes municipais, a administración local achegará as instalacións para o centro, que se situará nunha antigua escola unitaria da parroquia de O Freixo, que será obxecto dunha remodelación.

Está dirixido a activar, no territorio do GALP Costa Sostible, un espazo multidisciplinar para a transformación do lixo mariño e a interpretación ambiental. “Un espazo onde as entidades de inclusión, en colaboración co sector pesqueiro e o Concello de Outes, desenvolvan accións conxuntas dirixidas á mellora, coidado e protección da contorna costeira e mariña e á transformación do lixo procedente da actividade pesqueira”, apuntaron as mesmas fontes.

A concelleira de Medioambiente, Alba Quintela, indicou que “coa sinatura deste convenio e a posta en marcha do centro, refórzase a aposta do concello pola sostenibilidade e coidado da nosa ría”.

Esta iniciativa preséntase á convocatoria de proxectos do GALP, regulada pola Orde da Consellería do Mar do 21 de decembro de 2018 pola que se establecen as bases reguladoras para a concesión de axudas para plans no abeiro das estratexias de desenvolvemento local participativo (EDLP), aprobadas para os grupos de acción local do sector pesqueiro para o desenvolvemento sustentable das zonas de pesca no marco do Fondo Europeo Marítimo e de Pesca 2014-2020.

pleno Nesa mesma xornada, a Corporación de Outes celebrou unha sesión plenaria na que aprobou un recoñecemento extraxudicial de crédito de case 300.000 € para o pago de facturas, así como o estudo de detalle para un novo tanatorio que se construirá no municipio.

27 feb 2021 / 01:00
  • Ver comentarios
Noticia marcada para leer más tarde en Tu Correo Gallego
Selecciona los que más te interesen y verás todas las noticias relacionadas con ellos en Mi Correo Gallego.