Santiago
+15° C
Actualizado
sábado, 10 febrero 2024
18:07
h

Outes denuncia demoras nas obras de mellora de San Campio

Outes. O alcalde de Outes, Manuel González, vén de solicitar unha reunión co presidente da Deputación da Coruña, Valentín González Formoso, para abordar o estado no que se atopa a obra de humanización da Avenida de San Campio, na Serra de Outes. O rexedor indicou que dende novembro de 2020, cando foi aprobado o proxecto, non houbo avances na licitación desta actuación que ascende a 420.000 € e coa que se pretende mellorar unha das arterias principais da vila outense.

Do mesmo xeito, o mandatario local tamén sinalou que pretende abordar con Valentín González outras actuacións necesarias, como son a construción de sendas peonís en estradas provinciais ao seu paso por Santo Ourente e Boel, a mellora da Praza do Concello n núcleo da Serra así como a inclusión do futuro centro de coworking e emprendemento de Outes na rede provincial de Espazos de Traballo. m.c.

12 may 2021 / 01:00
  • Ver comentarios
Noticia marcada para leer más tarde en Tu Correo Gallego
TEMAS
Tema marcado como favorito
Selecciona los que más te interesen y verás todas las noticias relacionadas con ellos en Mi Correo Gallego.