Santiago
+15° C
Actualizado
sábado, 10 febrero 2024
18:07
h

Outes inicia un plan de reparación dos parques infantís da localidade

Outes. O Concello de Outes vai iniciar nos vindeiros días labores de mantemento e reparación de varios parques infantís do municipio.

Segundo o alcalde, Manolo González, precisan de actuacións urxentes debido ao deterioro que se veu producindo nos útimos anos.

Vaise actuar de forma inmediata nos de Cando, Santo Ourente e Porto Siavo e en dous situados na Horta do Muíño e no Areal, na Serra.

Estes traballos teñen un orzamento de 15.500 €. Por outra banda, tamén se arranxarán outros dous nos que o deterioro é maior: os de Pontenafonso e a Cruz, neste caso cun investimento de 34.000 €, logo de ser aprobado en pleno un crédito extradordinario para esa finalidade.

González indicou que con estes investimentos afóndase no compromiso do executivo polo mantemento de infraestruturas e trátase de corrixir o forte deterioro sufrido nos últimos anos nas mesmas, como é o caso dos parques infantís da localidade. s. s.

26 jun 2021 / 17:21
  • Ver comentarios
Noticia marcada para leer más tarde en Tu Correo Gallego
TEMAS
Tema marcado como favorito
Selecciona los que más te interesen y verás todas las noticias relacionadas con ellos en Mi Correo Gallego.