Santiago
+15° C
Actualizado
martes, 23 abril 2024
16:11
h

Outes pon en marcha un ciclo de seis andainas polo seu rico patrimonio

outes. O Concello de Outes vén de anunciar que organiza unha serie de andainas para dar a coñecer parte do patrimonio do municipio. Un programa que inclúe un total de 6 rutas: arrancará o día 11 deste mes cun percorrido de Mirás a Carleo polo Cristo de Baneo; o vindeiro día 25 visitarán a Torre dos Mouros e fervenzas de San Paio; o 9 de outubro o itinerario levará aos participantes de San Tirso de Cando á catedral da electricidade; o 23 do vindeiro mes camiñarán cara a orixe do concello de Outes; o 6 de novembro irán ata Santa Lucía por Entíns, e o 20 de novembro concluirán as andainas cun itinerario cargado de historia e espiritualidade en Roo. As inscricións deberán formalizarse na casa da cultura de Outes ou ben chamando ao 981 850 950. As prazas por ruta limitaranse a 25. Recomendan levar auga e calzado cómodo. m. c.

06 sep 2022 / 19:41
  • Ver comentarios
Noticia marcada para leer más tarde en Tu Correo Gallego
TEMAS
Tema marcado como favorito
Selecciona los que más te interesen y verás todas las noticias relacionadas con ellos en Mi Correo Gallego.