Santiago
+15° C
Actualizado
martes, 23 abril 2024
16:11
h

Outes recibiu 116 solicitudes para o seu campamento

Outes. O Concello de Outes publicou o pasado 10 de xuño a listaxe de admitidos nas distintas quendas do campamento de verán 2022, dentro do programa Outes Concilia. En total, foron 116 as solitudes atendidas para obter unha praza nalgunha das seis quendas ofrecidas. O campamento de verán cubre todo o período non lectivo, xa que comeza o día 23 de xuño e remata o 7 de setembro. Os períodos máis solicitados foron os meses de xullo e agosto, nos que a demanda mesmo superou a oferta de prazas, que se fixou en 60 rapaces por quenda.

O alcalde Manuel González salientou o éxito do programa Outes Concilia, “que cada día conta con maior aceptación entre as familias outenses e mesmo doutros concellos da comarca”, dixo.

O Campamento de Verán terá a súa sede nas instalacións do CEIP de Outes e combina actividades de lecer e didácticas para as nenas e nenos de 3 a 16 anos. No programa inclúense saídas a distintas zonas do concello, andainas e mesmo travesías en barco dende o porto do Freixo. Un servizo de concilicación “que serve para que as familias máis novas teñan máis facilidades para vivir no noso concello”, afirmou o rexedor outense. m. c.

17 jun 2022 / 20:11
  • Ver comentarios
Noticia marcada para leer más tarde en Tu Correo Gallego
TEMAS
Tema marcado como favorito
Selecciona los que más te interesen y verás todas las noticias relacionadas con ellos en Mi Correo Gallego.