Santiago
+15° C
Actualizado
martes, 30 noviembre 2021
02:47
h

Outes repartirá no seu certame de literatura preto de tres mil euros

O prazo de entrega para participar no Francisco Añón finaliza o día cinco de abril

Outes. O Concello de Outes vén de publicar as bases do seu certame de poesía Francisco Añón, que este ano cumprirá a súa vixésimo quinta edición. O concurso repartirá en total 2.760 euros en premios entre as diferentes categorías, a partir dos seis anos.

A convocatoria está aberta a todas as persoas de calquera nacionalidade, que presenten os orixinais escritos en galego. Os textos deberán ser inéditos e non premiados anteriormente. O prazo de presentación rematará o luns 5 de abril e os traballos deben entregarse nun sobre pechado (no que figure “XXV Certame Francisco Añón de Poesía”) na casa da cultura, xa sexa en man ou por correo. Tamén debe incluírse dentro do mesmo un sobre pequeno cos datos persoais do autor, así como unha fotocopia do seu DNI ou CIF.

Ademais da publicación da obra, os poemas vencedores recibirán vales de libros ata os 14 anos dun máximo de 240 euros. Os gañadores das categorías de 15 a 17 anos e maiores de 18 levaranse un cheque por valor de 480 e 1.500 euros, respectivamente.

O xurado do concurso, que será nomeado polo Concello, dará a coñecer a súa decisión nun acto que se celebrará o vindeiro 17 de maio, Día das Letras Galegas. m. c.

16 mar 2021 / 01:00
  • Ver comentarios
Noticia marcada para leer más tarde en Tu Correo Gallego
TEMAS
Tema marcado como favorito
Selecciona los que más te interesen y verás todas las noticias relacionadas con ellos en Mi Correo Gallego.