Santiago
+15° C
Actualizado
sábado, 16 enero 2021
08:05
h

Outes revela o nome dos gañadores dos dez bonos para mercar no municipio

OUTES. O Concello de Outes vén de facer pública a lista de gañadores do sorteo dos dez bonos para mercar no comercio local, os cales poderán recoller os vales ata o 29 de xaneiro achegando o seu DNI nas oficinas da Axencia de Desenvolvemento Local (situadas na casa consistorial). Resultaron agraciadas: Rosa Rama, Dora Atan, Noelia Estévez, Eva María Lestón, Mari Coiradas, Laura Sendón, Carolina Antelo, Auri Tobafigueiras, Begoña Tomé e Vanesa Freire. A lista pódese consultar na páxina de Facebook do Concello outense. Por outra banda, o alcalde, Manuel González López, tamén entregou os premios aos galardoados na segunda edición do concurso de escaparates de Nadal. O primeiro galardón (dotado con 200 euros) foi para Peixería Kiko; o segundo (de 100 euros), para o establecemento La Aguja de Patchwork. m. C.

13 ene 2021 / 01:00
Noticia marcada para leer más tarde en Tu Correo Gallego
Tema marcado como favorito