Santiago
+15° C
Actualizado
martes, 27 septiembre 2022
02:51
h

Outes segue a poñer en valor o agro cunha degustación

Outes. No marco do proxecto Saberes e Sabores de Outes, o Concello programou para o venres 20 de maio unha degustación de xurumelos, que terá lugar na terraza do restaurante Albatros no Freixo, a partir das 20.00 horas. Os interesados teñen que confirmar asistencia no enderezo carlos.rodriguez@outes.gal ou ben no 652 874 291. As prazas dispoñibles son limitadas.

Unha actividade que dará continuidade á programada a pasada fin de semana, na que celebraron unha xornada formativa sobre os xurumelos que tamén incluíu degustación de varios pratos elaborados a base dos brotes tenros da cebola de San Cosme.

Todas estas iniciativas forman parte da campaña posta en marcha pola administración local, coa que busca pór en valor a cebola e o ceboliño de San Cosme, con gran tradición no seu cultivo e recoñecemento da súa calidade e sabor. Destacar que esta especie xa ten un oco nas hortas dos restaurantes A Tafona e Culler de Pau. m. c.

16 may 2022 / 18:36
  • Ver comentarios
Noticia marcada para leer más tarde en Tu Correo Gallego
TEMAS
Tema marcado como favorito
Selecciona los que más te interesen y verás todas las noticias relacionadas con ellos en Mi Correo Gallego.