Santiago
+15° C
Actualizado
sábado, 10 febrero 2024
18:07
h

Patronal e Concello de Rianxo presentan a plataforma de marketplace e escaparate virtual

O Concello e a patronal de Rianxo colaboran na realización do proxecto mercarianxo.gal. O alcalde, Adolfo Muíños, presidiu a presentación dete escaparate virtual deseñado pola empresa Triwus.

Este ambicioso proxecto consta de dúas partes complementarias entre si: un gran escaparate virtual e un marketplace.

Por unha banda, o escaparate virtual vai permitir que tódolos negocios de Rianxo estean localizados nun mesmo

dominio online a través do cal poidan amosar e promocionar produtos e servizos, novidades, ofertas ou promocións

especiais, etc. A finalidade é facilitar a localización de empresas, produtos e/ou servizos por parte dos rianxeiros co obxectivo de que busquen aquilo que precisan nos negocios da vila antes de realizar as súas compras online ou fóra da vila.

Por outro lado, o marketplace permitirá que, aqueles comercios que o desexen, poidan vender online os seus produtos

aumentando así as súas opcións de negocio e as súas ventas.

Nesta parte do proxecto terán cabida todo tipos de comercios, incluso a alimentación, e tamén a hostalería. Ademais,

incluiranse os servizos de recollida de pedidos no propio establecemento e a entrega no domicilio.

A parte do proxecto que se está realizando neste momento, a creación da plataforma online que vai albergar o

escaparate virtual e o marketplace, vai ser levada a cabo pola patronal que conta cunha subvención da Xunta de Galicia

para financiar unha parte do investimento.

En vindeiras datas comezarase a facer contactos cos negocios locais para ilos informando do proxecto e comezar a

incluír na plataforma a información de todos aqueles que dean a súa autorización.

17 sep 2020 / 16:40
  • Ver comentarios
Noticia marcada para leer más tarde en Tu Correo Gallego
TEMAS
Tema marcado como favorito
Selecciona los que más te interesen y verás todas las noticias relacionadas con ellos en Mi Correo Gallego.