Santiago
+15° C
Actualizado
sábado, 10 febrero 2024
18:07
h

Pedra da Aroña celebra os seus 35 anos cunha exposición, festivais e un intercambio cultural

Boiro. A asociación cultural Pedra da Aroña de Boiro cumpre 35 anos, e faino cun programa repleto de actividades para o segundo semestre do ano. A edil de Cultura, María Outeiral, participou na presentación acompañada de Antía Romero e outras integrantes da entidade.

O programa comeza este domingo cun festival de ballet na Praza da Terceira Idade. Entre as actividades que van desenvolver figuran tamén un intercambio cultural en agosto, o tradicional festival de Nadal e outras actuacións. Ademais, dende a asociación buscan realizar unha exposición de fotos destes 35 anos de percorrido, polo que fan un chamamento a todas as persoas que conten con documentos gráficos, sobre todo dos primeiros anos de historia, para poder sumar á exposición.

Pedra da Aroña ten máis de cen socios e socias. “O noso principal obxectivo segue a ser o mesmo 35 anos despois: potenciar e manter viva a música e o baile tradicional”, afirmou Antía Romero, quen resaltou tamén a importancia de ampliar a canteira para seguir mantendo a actividade e poder levar a cabo actividades e que as asociacións perduren ao longo do tempo. s. s.

22 jun 2022 / 14:18
  • Ver comentarios
Noticia marcada para leer más tarde en Tu Correo Gallego
TEMAS
Tema marcado como favorito
Selecciona los que más te interesen y verás todas las noticias relacionadas con ellos en Mi Correo Gallego.