Santiago
+15° C
Actualizado
sábado, 10 febrero 2024
18:07
h

Pide arranxos urxentes na piscina local o BNG de Outes

Outes. O BNG de Outes presentou unha moción na que volve denunciar “a situación precaria na que se atopa a piscina” debido a “problemas estruturais que se deben a unha mala praxe na construción do edificio” e a unha “mala xestión continuada no tempo e ao abandono por parte do goberno municipal”.

“Xa a comezos deste mandato o BNG conseguira o apoio da Corporación para evitar que o ximnasio pechara durante as labores de mantemento do vaso da piscina, que esta non se pechase ao mediodía e a contratación de persoal de sala para o ximnasio. O goberno local só cumpriu coa apertura do ximnasio durante as labores de mantemento, mentres que dos outros acordos fixo caso omiso. Non contentos con iso, tentaron colar neste pleno unha modificación de ordenanza mal feita e sen consensuar e modificaron o horario contravindo o acordado”, explican os nacionalistas.

Agora, o Bloque insta ó Concello a elaborar un proxecto para arranxar as deficiencias da piscina e a consensuar as prioridades do mesmo nunha xunta de voceiros, así como a solucionar a falta de persoal con medios propios para a substitución por baixa e outras circunstancias de forza maior. s. s.

20 ago 2022 / 14:45
  • Ver comentarios
Noticia marcada para leer más tarde en Tu Correo Gallego
TEMAS
Tema marcado como favorito
Selecciona los que más te interesen y verás todas las noticias relacionadas con ellos en Mi Correo Gallego.