Santiago
+15° C
Actualizado
sábado, 10 febrero 2024
18:07
h

Pide o PSOE a reapertura da área recreativa Monte do Bolo

Noia. O PSOE de Noia solicitou ao goberno municipal na sesión plenaria celebrada en setembro a reapertura da área recreativa do Monte do Bolo. Os socialistas pediron por escrito que se realicen as melloras necesarias para tal fin e, segundo indicaron, teñen previsto preguntar cada mes polas actuacións que se levan a cabo para asegurarse de que a petición non caia no

esquecemento.

O voceiro do partido, Roberto Iglesias, sinalou a través dun comunicado que “tras as inversións realizadas nos últimos anos, xa con Santiago Freire de alcalde, anunciouse en varias ocasións que se realizarían as intervencións necesarias para abrir a área”.

Iglesias considera que “débese reabrir o Monte do Bolo para desfrute da cidadanía. Actualmente a falla de xestión por parte do goberno municipal, está privando que os veciños e veciñas fagan uso desta área, pechada xa dende hai anos”.

Os socialistas de Noia non entenden que “despois de recibir subvencións de fondos europeos a través da Xunta de Galicia para mellorar os accesos, e de que se fixeran traballos por parte dos obradoiros de emprego, este espazo público leve varios anos pechado ante a deixadez do goberno local”, concluíu. m. c.

16 oct 2021 / 01:00
  • Ver comentarios
Noticia marcada para leer más tarde en Tu Correo Gallego
TEMAS
Tema marcado como favorito
Selecciona los que más te interesen y verás todas las noticias relacionadas con ellos en Mi Correo Gallego.