Santiago
+15° C
Actualizado
martes, 23 abril 2024
16:11
h

Piden a axuda veciñal para un estudo do patrimonio marítimo

Hay convocados actos participativos hoxe en Noia e mañá en Cabo de Cruz e en Dodro

Boiro. A Fundación Universidade da Coruña (FUAC) arrancou o seu proxecto Traslatio: o patrimonio marítimo dos Camiños do mar a Santiago, que forma parte do programa O teu Xacobeo da Xunta e que ten como obxectivo o estudo do patrimonio marítimo dos camiños do mar para a súa posta en valor como parte da riqueza cultural do Camiño de Santiago.

Para contar ca poboación local nos eventos denominados Conversas de onte e hoxe, celebraranse tres actos participativos: un hoxe no mercado municipal de Noia, ás 10.30 horas, e outros dous mañá na lonxa de Cabo de Cruz ás 16.00 e na casa da cultura de Dodro ás 18.00.

En outubro de 2020 levouse a cabo un estudo do patrimonio marítimo do borde litoral que, dende Ribeira, pola ría de Arousa, segue o Camiño do mar (Ribeira-A Pobra-Boiro-Rianxo-Dodro) e que, da outra beira da península, entra pola ría de Muros-Noia (O Son-Noia-Outes).

Un equipo liderado por un experto en patrimonio arquitectónico marítimo identificou os vestixios construídos da industria tradicional dos oficios do mar: estaleiros tradicionais, conserveiras, fábricas de salazón, ramplas, peiraos... Os actos convocados terán un formato de punto móbil participativo, ó aire libre, nos que persoas que traballan nos sectores máis ligados ó mar, representantes políticos e público en xeral poderán aportar historias, anécdotas, lembranzas, impresións e emocións vinculadas ó patrimonio do mar para enriquecer o proxecto. s. s.

10 feb 2021 / 01:00
  • Ver comentarios
Noticia marcada para leer más tarde en Tu Correo Gallego
TEMAS
Tema marcado como favorito
Selecciona los que más te interesen y verás todas las noticias relacionadas con ellos en Mi Correo Gallego.