Santiago
+15° C
Actualizado
sábado, 10 febrero 2024
18:07
h

Piden ampliar o comedor e dotar dun corredor cuberto ao colexio de Frións

Dende o BNG tamén se reclama unha zona cuberta para as clases de Educación Física

Ribeira. O BNG de Ribeira presentou unha iniciativa no Concello plantexando a necesidade de acometer unha serie de melloras no colexio público de Frións, trasladando así unha demanda da comunidade educativa do centro.

A formación considera que é necesario colocar no exterior unha marquesiña, pois a existente é insuficiente para atender a demanda no acceso e saída dos 110 usuarios e usuarias do transporte escolar, e que a beirarrúa interior que serve de entrada e saída ao centro, duns 20 metros aproximadamente, sería un corredor abrigado se se cubrise para protexer do frío, do vento e da chuvia ós 150 alumnos de Primaria.

Asimesmo, estima necesaria unha zona cuberta de soportal na parte dianteira, “pois sería moi útil nas clases de Educación Física ao carecer de pavillón, así como nos recreos, e para a realización de actividades no exterior”.

O Bloque engade que o servizo de comedor estase prestando en dúas quendas para atender ós 54 nenos que fan uso del polas limitacións de espazo que hai. “A súa ampliación é urxente e existen solucións técnicas para facelo redistribuíndo os espazos con pequenas obras que non serían custosas”, indica. s. s.

27 nov 2020 / 18:58
  • Ver comentarios
Noticia marcada para leer más tarde en Tu Correo Gallego
Tema marcado como favorito