Santiago
+15° C
Actualizado
sábado, 10 febrero 2024
18:07
h

Piden garantir e mellorar o complexo de lixo lousamián

Lousame. O portavoz de Medio Ambiente do BNG, Luís Bará, lamentou o voto en contra do Partido Popular á proposta nacionalista para “establecer liñas de colaboración e cooperación coa Mancomunidade Serra do Barbanza de cara a garantir a continuidade, viabilidade e mellora do sistema de recollida e tratamento da planta de residuos de Lousame”.

A proposición non de lei defendida polo deputado incluía: “Colaborar economicamente na dotación de medios materiais necesarios para a modernización e mellora da planta e rexeitar a campaña de ataque contra o sistema Lousame coa intención de transformarla nunha planta de transferencia integrada en Sogama”, apuntaba.

Considerou que a Xunta debe “mudar a actitude de confrontación pola de cooperación con outros sistemas como o de Lousame” que, coas melloras necesarias, contribuirían ao cumprimento das novas esixencias da normativa de residuos. Ademais, indicou que o seu desmantelamento suporía un retroceso desde o punto de vista social e ambiental e con graves consecuencias no ámbito laboral, pois “perderían arredor de 100 postos de traballo dos 160 con que conta actualmente o complexo”. m. c.

24 sep 2021 / 01:00
  • Ver comentarios
Noticia marcada para leer más tarde en Tu Correo Gallego
TEMAS
Tema marcado como favorito
Selecciona los que más te interesen y verás todas las noticias relacionadas con ellos en Mi Correo Gallego.