Santiago
+15° C
Actualizado
martes, 23 abril 2024
16:11
h

Piden que a Xunta apoie as obras do peirao fenicio

Ribeira. O PSdeG rexistrou unha iniciativa no Parlamento de Galicia na que insta á Xunta a colaborar na financiación do peirao fenicio da Covasa, en Aguiño (Ribeira).

A formación considera que o proxecto encargado polo Concello para a súa rehabilitación está incompleto porque “falta unha parte do espigón lateral”. Os socialistas consideran que a colaboración da Administración autonómica “pasaría en primeiro lugar, e antes de calquera intervención de restauración, por unha obrigada investigación histórica que poña fin ás incertezas sobre a orixe deste ben, que podería ser un dos peiraos máis antigos de Galicia, e por un estudo xurídico-técnico da súa situación”.

Trátase dun espigón de cerca de 70 metros de pedras ciclópeas dispostas en fila e en varias alturas cuns chanzos tallados en grandes pezas de granito a modo de acceso dende terra aos barcos e mercadorías. Algúns investigadores aseguran que a súa orixe é fenicia, mentres outros sosteñen que se construíu entre finais do século XVIII e mediados do XIX para unha industria catalá da conserva. Está deteriorado pola forza do mar e o paso do tempo. s. s.

13 feb 2021 / 01:00
  • Ver comentarios
Noticia marcada para leer más tarde en Tu Correo Gallego
TEMAS
Tema marcado como favorito
Selecciona los que más te interesen y verás todas las noticias relacionadas con ellos en Mi Correo Gallego.