Santiago
+15° C
Actualizado
sábado, 10 febrero 2024
18:07
h

Plan estratéxico da Asociación de Concellos de cara ao Ano Xacobeo

Porto do son. A Atalaia de Porto do Son, un dos lugares de inicio do Camiño de Santiago da Ría de Muros Noia, foi o lugar da última reunión dos nove concellos membros da asociación, no que estiveron presentes representantes dos distintos gobernos locais. Na xuntanza púxose en común o conxunto de actividades realizadas en cada un dos concellos para implicar no proxecto ás distintas entidades, asociacións e empresas dos territorios, e presentouse un avance do plan estratéxico que impulsará actuacións con vistas ao Xacobeo 2022 e aos próximos anos, con especial incidencia no 2027. Segundo sinalaron dende a Asociación de Concellos do Camiño de Santiago da Ría de Muros Noia, desde este momento o colectivo comeza unha serie de contactos coa Xunta de Galicia e coa Deputación provincial da Coruña para solicitar novos apoios. m. c.

20 mar 2021 / 01:00
  • Ver comentarios
Noticia marcada para leer más tarde en Tu Correo Gallego
Selecciona los que más te interesen y verás todas las noticias relacionadas con ellos en Mi Correo Gallego.