Santiago
+15° C
Actualizado
martes, 23 abril 2024
16:11
h

Poderán utilizar gratis a piscina de Lousame os cativos de ata seis anos

LOUSAME. O Concello de Lousame aprobou a taxa da piscina municipal, que tras a súa reforma volverá abrir na tempada de verán cun novo servizo de pago dixitalizado. Así, os prezos actualizados polos bonos de tempada son: nenos e nenas de 0 a 6 anos, gratis; de 7 a 15 anos, 15 €; persoas de 16 a 64 anos, 30 euros; e maiores de 65 anos, 15 euros. As entradas por xornada serán de balde para cativos de 0 a 6 anos e custarán un euro para os de 7 a 15, mentres que para usuarios de 16 a 64 será de 2 € e para maiores de 65 anos, un euro. Pola súa banda, os cursos de natación terán un custe de 10 € ao mes. As tarifas reducidas para persoas en risco de exclusión contemplan o abono da tempada en 2 € para os nenos e nenas de 7 a 15 anos e para os maiores de 65, e de 4 € para as persoas de 16 a 64. Os membros de familia numerosa terán unha bonificación do 50 %. s. s.

03 abr 2021 / 15:15
  • Ver comentarios
Noticia marcada para leer más tarde en Tu Correo Gallego
TEMAS
Tema marcado como favorito
Selecciona los que más te interesen y verás todas las noticias relacionadas con ellos en Mi Correo Gallego.