Santiago
+15° C
Actualizado
martes, 23 abril 2024
16:11
h

Poñen en valor o entorno do Pazo de Goiáns con traballos no eido forestal

BOIRO. Os vinte alumnos do obradoiro de emprego de xestión forestal de Boiro iniciaron a fase de formación práctica na finca do histórico Pazo de Goiáns, co que contribuirán a poñer en valor o entorno da emblemática edificación, que vén de ser restaurada. A formación está dividida en dúas especialidades: unha parte do alumnado fórmase en actividades auxiliares en conservación e outra parte en mellora de montes e repoboacións forestais e tratamentos silvícolas. Os participantes no citado obradoiro tamén se capacitan en xestión forestal, teórica e práctica, e en competencias xenéricas no desenvolvemento de habilidades e busca de emprego. Agora van poñer en práctica os coñecementos adquiridos e levar a cabo traballos silvícolas para a recuperación e coidado das especies que se atopan na finca na que se ubica o pazo. s. souto

02 feb 2022 / 14:00
  • Ver comentarios
Noticia marcada para leer más tarde en Tu Correo Gallego
TEMAS
Tema marcado como favorito
Selecciona los que más te interesen y verás todas las noticias relacionadas con ellos en Mi Correo Gallego.