Santiago
+15° C
Actualizado
martes, 23 abril 2024
16:11
h

Porto do Son convoca bolsas para apoiar aos deportistas do municipio

O BOP publicou as bases desta liña de axudas, dispoñibles na páxina web municipal

Porto do Son. O Concello de Porto do Son informou de que continúa aberto o prazo para que os deportistas que o desexen soliciten as axudas municipais. A finalidade desta convocatoria é a concesión de bolsas a deportistas sonenses, pertenzan ou non a entidades deportivas do concello, e que destacasen na súa faceta competitiva durante o ano pasado, coa finalidade de apoiar e fomentar a práctica e o rendemento deportivo.

Establécense tres liñas de subvención: unha dirixida a deportistas de alto rendemento, de disciplinas olímpicas ou paralímpicas, integrantes dos equipos das seleccións absolutas, con opción de clasificarse para participar nos próximos Xogos Olímpicos, cun importe de 2.000 euros á puntuación máxima; outra destinada a deportistas que destacasen na súa faceta competitiva no ano a valorar, cun importe máximo de 1.000 euros a repartir entre as tres puntuacións máis altas; e unha terceira pensada para deportistas das categorías infantil e cadete, cun importe máximo de 1.000 euros a repartir entre as tres puntuacións máis altas.

O Boletín Oficial da Provincia (BOP) publicou a convocatoria destas becas o pasado 30 de setembro. Está dispoñible na páxina web do Concello, onde os interesados poderán consultar os requisitos, o lugar e a data límite de presentación de solicitudes ou o prazo de xustificación.

Por outra banda, o Concello de Porto do Son vén de publicar a concesión provisional da convocatoria de axudas para a adquisión de equipos informáticos no marco do programa Son Educa.

Fontes municipais sinalaron que mediante esta liña de axudas subvenciónase a compra por parte das familias de ordenadores portátiles e de sobremesa coa finalidade de favorecer a escolarización do alumnado nos domicilios e o acceso ás novas tecnoloxías dende os seus fogares.

En total concedéronse 48 axudas por un importe total de 21.200 euros. A resolución pode consultarse na sede electrónica da administración local ou ben fisicamente no taboleiro de anuncios. O prazo para xustificar as achegas concedidas rematará o vindeiro 12 de novembro. m. t.

08 oct 2021 / 20:54
  • Ver comentarios
Noticia marcada para leer más tarde en Tu Correo Gallego
TEMAS
Tema marcado como favorito
Selecciona los que más te interesen y verás todas las noticias relacionadas con ellos en Mi Correo Gallego.