Santiago
+15° C
Actualizado
sábado, 10 febrero 2024
18:07
h

Porto do Son recibe o ciclo O País das Bandas na semana das súas festas

Porto do Son. O ciclo O País das Bandas, promovido pola Xunta e a Federación Galega de Bandas de Música Populares no marco da programación cultural do Xacobeo 21-22, chega o sábado a Porto do Son, cun concerto da Banda Cultural Vila de Noia. A actuación será ás 13.00 horas.

A Banda Cultural Vila de Noia nace en 1984 da man de Miguel Fernández Pestonit, aínda que xa desde 1880 se sucederon de xeito intermitente diferentes formacións musicais neste concello. Está dirixida por Manuel Molinos Rivas.

O repertorio previsto para o concerto inclúe as pezas Los dos Adolfos, Mont Serrat, Los Tamara e God save the Queen. Soarán tamén Simplemente Julio, Campo de Noia e Don Pajarita.

O País das Bandas arrincou o pasado 1 de xullo e percorrerá Galicia ata o 19 de setembro con case un cento de concertos a cargo de 77 agrupacións que suman máis de 3600 músicos. O obxectivo é impulsar a recuperación da actividade das bandas na Comunidade.

Lembrar que a vila sonense segue inmersa nas súas festas do Carme ata o día 11 de setembro. Este venres terán lugar as misas para honrar a San Roque ás 10.00 e ás 12.00 horas na capela da Atalaia. Pola noite, ás 21.00 horas, actuará Luar na Lubre.

Xa o sábado as misas pola Caridade serán ás 10.00 e ás 12.00 horas na igrexa parroquial. Tamén haberá festa da auga no xardín portuario e concerto de Stormy Trucks a partir das 21.00 horas. m. t.

09 sep 2021 / 20:20
  • Ver comentarios
Noticia marcada para leer más tarde en Tu Correo Gallego
TEMAS
Tema marcado como favorito
Selecciona los que más te interesen y verás todas las noticias relacionadas con ellos en Mi Correo Gallego.