Santiago
+15° C
Actualizado
sábado, 10 febrero 2024
18:07
h

Portos acondicionará a cuberta da lonxa muradá

MUROS. A Consellería do Mar, a través de Portos de Galicia, prevé investir máis de 380.000 € na renovación e acondicionamento da cuberta do edificio da lonxa de Muros. Así o trasladou este mércores a presidenta do ente público, Susana Lenguas, nunha visita á zona.

A responsable do organismo autonómico presentou á confraría, ao Concello de Muros e a representantes do sector profesional o proxecto xa redactado que se vai tramitar para sacar a licitación nos vindeiros meses. O obxectivo desta actuación pasa por mellorar as condicións de illamento e estanquidade do edificio.

Para iso, as obras previstas inclúen a substitución integral da cuberta de dúas augas por panel de dúas chapas de aceiro así como a renovación da cuberta plana nas zonas restantes. Ademais instalaranse novos canlóns para as pluviais e retiraranse as reixas existentes ata o momento. Finalmente realizarase unha mellora do alumeado a través de lámpadas de tecnoloxía LED.

Esta actuación que redundará na mellora das condicións de traballo do sector profesional de Muros, enmárcase nunha liña de acción global que está a desenvolver Portos de Galicia nos edificios de traballo dos portos autonómicos. Así, o ente público está a executar obras de melloras da envolvente deste tipo de inmobles ao longo de todo o litoral da comunidade galega. m. c.

04 may 2022 / 20:42
  • Ver comentarios
Noticia marcada para leer más tarde en Tu Correo Gallego
TEMAS
Tema marcado como favorito
Selecciona los que más te interesen y verás todas las noticias relacionadas con ellos en Mi Correo Gallego.