Santiago
+15° C
Actualizado
sábado, 10 febrero 2024
18:07
h

Portosín vai poñer en marcha o programa Cultura entre Mareas

Enmárcase na candidatura do marisqueo na ría de Muros-Noia a Patrimonio Inmaterial

Impulsada polas confrarías dos concellos da ría de Muros-Noia e financiada polo GALP Costa Sostible, a candidatura da cultura do marisqueo da ría de Muros-Noia para ser declarada Patrimonio Inmaterial pola Unesco impúlsase coa posta en marcha do programa Cultura entre mareas, promovido polo pósito sonense de Portosín.

O patrón maior desta entidade, Iván Carreño, señala como obxetivos do programa “afondar na arte do marisqueo, facendo visibles os aspectos e valores menos recoñecibles, e concienciar ós habitantes destes concellos sobre a trascendencia histórica, cultural e social da súa actividade”. O obxectivo é tamén dar notoriedade á candidatura a Patrimonio Inmaterial.

A iniciativa Cultura entre Mareas xirará arredor de tres fitos: un estudo antropolóxico, un seminario técnico e unha exposición de fotografía.

O estudo vaino realizar un equipo multidisciplinar dirixido por un antropólogo cultural, xa que se conta cunha grande produción científica sobre os aspectos biolóxicos e económicos do marisqueo, pero hai unha gran carencia de valores culturais e antropolóxicos. A súa presentación terá lugar en decembro.

Entre outros aspectos, o estudo afondará na autenticidade desta cultura e a súa forte personalidade. O papel da muller no marisqueo tamén merecerá un tratamento específico, así como o seu carácter de tradición viva de gran relevancia humana.

Pola súa banda, o seminario técnico concíbese como un foro científico no que participarán diversos investigadores de primeira liña no ámbito galego e algúns a nivel internacional. Estará organizado polo Concello de Outes e comezará a finais deste mes.

Finalmente, baixo o título A cultura do marisqueo: ría de Muros-Noia, no mes de decembro organizarase unha mostra de fotos e vídeos que rotará polas distintas localidades da ría e fóra do territorio. Estará composta por 20 imaxes de gran formato e unha pantalla na que se reproducirán vídeos sobre o traballo diario de mariscadoras.

14 nov 2020 / 01:00
  • Ver comentarios
Noticia marcada para leer más tarde en Tu Correo Gallego
TEMAS
Tema marcado como favorito
Selecciona los que más te interesen y verás todas las noticias relacionadas con ellos en Mi Correo Gallego.