Santiago
+15° C
Actualizado
sábado, 10 febrero 2024
18:07
h

Pouso leva as acuarelas e tintas máis elaboradas á casa da cultura de Outes

OUTES. A casa da cultura de Outes acolle unha nova exposición, ata o 30 de maio, de María Pouso, psicóloga adicada ao mundo da investigación no ámbito das neurociencias. Cando foi nai mudou a súa profesión varios anos para dedicarse á crianza. Actualmente ten familia numerosa e traballa como psicoterapeuta.

Despois da xornada laboral e familiar, é cando vai atopando tempo para si mesma e pode dedicarllo á súa paixón, que é pintar. Lévao facendo dende pequena, pero nunca se atrevía a mostrar a súa obra. O que agora amosa é unha mostra composta por medio cento de debuxos feitos con acuarela e tinta que recrean momentos pero, sobre todo, emocións.

Acuarelas e tintas a xeito de manchas que nos transportan a universos que nos conmoven coa súa expresividade. Debuxos espontáneos que lle agroman na imaxinación e lle van xurdindo: tenros, alegres, reivindicativos e feministas. As súas pinturas poden verse en horario de nove da mañá a dúas da tarde e de catro a oito da tarde, de luns a venres; asimesmo, poden contemplarse os sábados, dende as once da mañá ata a unha da tarde, e tamén cando as instalacións da casa da cultura se atopen abertas para a celebración de actividades. s. souto

19 abr 2021 / 01:00
  • Ver comentarios
Noticia marcada para leer más tarde en Tu Correo Gallego
TEMAS
Tema marcado como favorito
Selecciona los que más te interesen y verás todas las noticias relacionadas con ellos en Mi Correo Gallego.