Santiago
+15° C
Actualizado
martes, 23 abril 2024
16:11
h

Preguntan no Parlamento pola demora do visto bo do PXOM noiés

Dende o BNG temen que “a estas alturas o Plan Xeral corre o risco de se quedar vello”

Noia. O BNG, a instancias da deputada Rosana Pérez, vén de rexistrar unha batería de preguntas ao Goberno “pola extraordinaria demora que está sufrir o municipio de Noia no proceso de aprobación do seu Plan Xeral de Ordenación Municipal”. Un PXOM, explican os nacionalistas, que se aprobou inicialmente no ano 2013 polo pleno do Concello e provisionalmente no 2016, xusto antes da entrada en vigor da Lei do Solo. “Ao non estar aprobado o plan, que se comezou a tramitar no ano 2010, o concello de Noia conta aínda a día de hoxe cunhas normas subsidiarias de planeamento de hai máis de 30 anos”, aseguran dende a formación.

Dende o Bloque sinalan que no 2018, Augas de Galicia informou ao Concello de que un dos dous puntos de captación da traída municipal, a do río Vilacoba, está sen regularizar. “O outro punto de captación, o do río San Xusto, está legalizado mais só pode abastecer a 9.000 habitantes e a previsión de crecemento que recolle o Plan Xeral é de 18.000, polo que sería insuficiente e debe acreditarse que existan recursos hídricos para garantir o abastecemento a toda a poboación prevista”.

Tres anos despois, e máis de 10 anos do inicio da tramitación, “o concello de Noia continúa sen Plan Xeral”. Lamentan os nacionalistas que, “debido ao tempo transcorrido dende o comezo da súa tramitación, a estas alturas o PXOM xa corre o risco de se quedar vello porque as necesidades do concello tamén van mudando”. m. t.

04 may 2021 / 01:00
  • Ver comentarios
Noticia marcada para leer más tarde en Tu Correo Gallego
TEMAS
Tema marcado como favorito
Selecciona los que más te interesen y verás todas las noticias relacionadas con ellos en Mi Correo Gallego.