Santiago
+15° C
Actualizado
sábado, 10 febrero 2024
18:07
h

Presentan o traballo do Laboratorio Ecosocial do Barbanza na USC

O proxecto do equipo de Chipperfield aborda as claves da xestión sostible do territorio

Ribeira. O reitor da USC, Antonio López Díaz, e o arquitecto e presidente da Fundación RIA, David Chipperfield, presentarán este venres ó mediodía no Paraninfo de dita Universidade a investigación realizada polo Laboratorio Ecosocial do Barbanza, os principios de sostibilidade para unha vindeira convocatoria de proxectos e o libro Cando éramos sostibles. Aprendendo no Barbanza as claves do futuro, que recolle o traballo levado a cabo durante a primeira fase do proxecto.

O Laboratorio Ecosocial do Barbanza é unha iniciativa coordinada pola Fundación RIA que conta co apoio do grupo Histagra da USC, a cofinanciación da Fundación Banco Santander e a colaboración da Cátedra Juana de Vega. O proxecto centra a súa mirada no Barbanza para poñer en valor as formas de manexo do territorio levadas a cabo historicamente polas comunidades locais e impulsar iniciativas que se rexan polos mesmos principios de sustentabilidade. De todo este proceso extráense leccións coas que amosar posibles achegamentos a cuestións económicas, sociais e ambientais relevantes alén deste territorio.

Na presentación participarán tamén, entre outros, Borja Baselga (director da Fundación Banco Santander) e Lourenzo Fernández Prieto (catedrático de Historia Contemporánea da USC). s. s.

06 abr 2021 / 19:38
  • Ver comentarios
Noticia marcada para leer más tarde en Tu Correo Gallego
TEMAS
Tema marcado como favorito
Selecciona los que más te interesen y verás todas las noticias relacionadas con ellos en Mi Correo Gallego.