Santiago
+15° C
Actualizado
viernes, 23 julio 2021
20:51
h

Prevención dos trastornos alimenticios nun curso en Porto do Son

Terá lugar o xoves 10 de xuño na casa da cultura en horario de 16.30 a 20.30 horas

Porto do Son. A concellería de Benestar Social do Concello de Porto do Son, en colaboración coa Escola Galega de Saúde para Cidadáns –dependente da Consellería de Sanidade- organiza un curso sobre os trastornos do comportamento alimentario que vai ter lugar o vindeiro xoves 10 de xuño na casa da cultura sonense, en horario de tarde (de 16.30 a 20.30 horas).

Segundo informaron dende o citado departamento, a acción formativa, de carácter gratuíto, está dirixida a profesionais do ámbito educativo e sanitario, coidadores, pais e nais e á cidadanía en xeral.

Polo que respecta á programación, os asistentes poderán profundicar nos trastornos da alimentación e nas sinais de alarma; tamén abordarán a anorexia e a bulimia nerviosa, as súas causas, como detectalas, prevención e actuacións ou os recursos onde poder acudir.

A sesión correrá a cargo de María Blanco Suárez, psicóloga de Asociación de Bulimia e Anorexia da Coruña (ABAC).

As persoas interesadas deben formalizar a súa inscrición, do 1 ao 6 de xuño, enviando un correo electrónico ao seguinte enderezo: jose.pazo@portodoson.gal. As prazas, limitadas, asignaranse por orde de inscrición.

hostalería Cómpre lembrar que do 7 ao 11 de xuño o Concello de Porto do Son tamén organiza un curso de inglés para os hostaleiros do municipio. Preténdese que os traballadores deste sector poidan mellorar a calidade de atención que se presta aos turistas estranxeiros. m.c.

01 jun 2021 / 01:00
  • Ver comentarios
Noticia marcada para leer más tarde en Tu Correo Gallego
TEMAS
Tema marcado como favorito
Selecciona los que más te interesen y verás todas las noticias relacionadas con ellos en Mi Correo Gallego.