Santiago
+15° C
Actualizado
martes, 23 abril 2024
16:11
h

Primeiros pasos para pór en valor a cebola e máis o ceboliño de San Cosme

OUtes. O Concello de Outes

deu o pasado venres o primeiro paso para a posta en valor da cebola de San Cosme, no marco do proxecto Sabores e saberes, unha aposta por revitalizar o agro do municipio.

Tras a reunión que mantiveron cos lugareños, dende o goberno municipal deron a “noraboa á veciñanza de San Cosme pola súa participación, as súas gañas de manter a tradición do saber facer no cultivo do ceboliño e das cebolas e as grandes aportacións feitas”.

Segundo explicou o alcalde Manuel González López no seu día, co proxecto Sabores e saberes a administración local busca “pór en valor as producións agrogandeiras que teñamos en Outes; basicamente caracterizalas e ver de promocionalas para que teñan saída comercial”. A idea final da iniciativa é establecer un mercado local en Outes. cg

04 abr 2022 / 20:24
  • Ver comentarios
Noticia marcada para leer más tarde en Tu Correo Gallego
TEMAS
Tema marcado como favorito
Selecciona los que más te interesen y verás todas las noticias relacionadas con ellos en Mi Correo Gallego.