Santiago
+15° C
Actualizado
martes, 23 abril 2024
16:11
h

Programan espectáculos en tres paraxes naturais da Pobra con Atlántica

A POBRA. O municipio da Pobra do Caramiñal é un dos que acollerá o festival internacional de narración oral Atlántica, que espallará historias en diferentes puntos da xeografía galega. Para esta localidade hai previstas tres propostas. A primeira adscríbese ao bloque dirixido a público infantil e familiar. Será o un de xullo, ás 20.30 horas, con Outra vez!, a cargo de Vero Rilo, no piñeiral da praia da Illa. As outras dúas funcións están dirixidas ao público adulto. Deste xeito, o día 4 de xullo, Cándido Pazó achegará Como dicía o outro, a partir das 21.00 horas no Castro da Croa de Posmarcos. E o día 9 será a quenda de José Luis Gutiérrez Guti con Lobadías. O enclave establecido neste caso é A Portela, na serra do Barbanza, a partir das 21.30 horas. As reservas son de balde e deben formalizarse a través da páxina www.festivalatlantica.gal. s. s.

23 jun 2021 / 14:49
  • Ver comentarios
Noticia marcada para leer más tarde en Tu Correo Gallego
TEMAS
Tema marcado como favorito
Selecciona los que más te interesen y verás todas las noticias relacionadas con ellos en Mi Correo Gallego.