Santiago
+15° C
Actualizado
sábado, 10 febrero 2024
18:07
h

Programan na aula Cemit boirense tres novos cursos de informática

Serán sobre deseño gráfico con Inkscape, Wordpress e manexo de WOOcomerce

Boiro. A aula Cemit de Boiro, ubicada no centro social da vila, segue coa oferta formativa presencial, e durante o vindeiro mes de novembro impartirá tres novos cursos. Os días 9, 10 e 12 terá lugar o de deseño gráfico con Inkscape, os días 16, 17, 18 e 19 será o de deseño coa ferramenta Wordpress; e os días 23, 24, 25 e 26, o de manexo de WOOcomerce. Todas as actividades serán presenciais, en horario de 10.00 a 12.30.

O prazo de inscrición está aberto e toda a información está a disposición das persoas interesadas en dita aula, a través do enderezo electrónico axentetic@boiro.org ou no teléfono 981 84 26 35.

Por outra banda, a aula Cemit boirense tamén oferta un curso de autoformación en Codix 2020. O obxectivo destas probas é a avaliación de carácter libre para a obtención da certificación galega de competencias dixitais en ofimática. Poden participar nelas todas as persoas maiores de 16 anos inscritas como usuarias na rede Cemit.

O prazo de inscrición está aberto ata o vindeiro venres día 23 e pode facerse a través da páxina web www.cemit.xunta.gal. s. souto

20 oct 2020 / 01:00
  • Ver comentarios
Noticia marcada para leer más tarde en Tu Correo Gallego
TEMAS
Tema marcado como favorito
Selecciona los que más te interesen y verás todas las noticias relacionadas con ellos en Mi Correo Gallego.