Santiago
+15° C
Actualizado
sábado, 10 febrero 2024
18:07
h

Programan un verán repleto de cursos de informática para os nenos ribeirenses

Ribeira. Os cursos de informática para a rapazada regresan este verán a Ribeira da man da aula Cemit. A concelleira de Innovación Tecnolóxica, Juana Brión, e o axente TIC, Manuel Bello, deron a coñecer as novas accións formativas gratuítas, que ademais de celebrarse na súa sede en Cubeliños viaxarán tamén ás parroquias de Aguiño e Olveira no ánimo de seguir descentralizando por parte do Concello estas actividades.

As inscricións darán comezo ás nove da mañá deste mércores 15 e estarán abertas ata o día 25 de xuño. Pódense formalizar na propia aula ou ben a través da súa web.

No mes de xullo haberá cursos de mecanografía-Write para nenos e nenas de 8 a 15 anos e inicio á programación con Scratch para os de 12 a 15. En agosto haberá cursos de informática básica (para os de 8 a 12) e de deseño con Canva (para os de 12 a 15).

No tocante ás parroquias, os cursos que se desenvolverán en xullo e agosto serán de informática básica e Internet, estando dirixidos a nenos de 8 a 12 anos. En Aguiño terán lugar na Aula Multimedia, xunto á sede da confraría, e en Olveira, na casa de cultura de Bretal. Cómpre que haxa un mínimo de catro persoas para poder celebralos.

Asimesmo, a concelleira informou que, tanto os martes como os xoves de verán, entre as 09.00 e as 10.00 horas, a aula Cemit ribeirense permanecerá aberta para todas aquelas persoas que desexen utilizar os seus ordenadores para realizar xestións e outras tarefas. suso souto

14 jun 2022 / 17:45
  • Ver comentarios
Noticia marcada para leer más tarde en Tu Correo Gallego
TEMAS
Tema marcado como favorito
Selecciona los que más te interesen y verás todas las noticias relacionadas con ellos en Mi Correo Gallego.