Santiago
+15° C
Actualizado
martes, 23 abril 2024
16:11
h

Propoñen a preservación da casa natal do poeta Añón

Outes. O BNG de Outes vén de presentar unha moción para ser debatida no vindeiro pleno na que solicita a preservación da casa natal do poeta Francisco Añón. Destacan que Outes “tivo a sorte de ver medrar entre os seus veciños ao noso ilustre e coñecido poeta Añón. Tivemos a sorte de que entre os nosos persoeiros se atope un dos primeiros precursores do rexurdimento, un dos primeiros homenaxeados coas letras galegas”.

Sen embargo, o BNG lamenta “o pésimo estado de conservación no que se atopa a súa casa natal en Boel. Isto non ten outro calificativo máis que de vergonza. Que houbera dificultades no pasado para a adquisición da mesma non debe servir de xustificativo para deixar toda tentativa na súa xusta protección”, engadiron ao respecto.

Por todo o anterior, dende a formación frentista propoñen a través desta proposta: que o goberno local negocie cos propietarios actuais a adquisición da casa natal do poeta para a súa posta en valor e restauración; que tamén negocie, implique e solicite fondos doutras administracións para aliviar a carga económica que supón un investimento deste tipo ás arcas municipais, e que solicite, formalmente, a declaración BIC da casa e do Pazo de Boel. c.g.

13 may 2022 / 01:00
  • Ver comentarios
Noticia marcada para leer más tarde en Tu Correo Gallego
TEMAS
Tema marcado como favorito
Selecciona los que más te interesen y verás todas las noticias relacionadas con ellos en Mi Correo Gallego.