Santiago
+15° C
Actualizado
sábado, 10 febrero 2024
18:07
h

Protexen das choivas a área infantil de Labarta cunha pérgola metálica

NOIA. A directora xeral de Administración Local, Natalia Prieto, comprobou o resultado das obras de mellora levadas a cabo no parque infantil de Labarta, no concello de Noia, ás que o Goberno galego achega preto de 28.000 euros da Orde de Infraestruturas de uso público. O municipio alberga varias áreas infantís situadas ao aire libre, sendo a de Labarta unha das que rexistra máis afluencia de nenos e nenas, polo que o concello noiés solicitou a axuda para a colocación dunha pérgola metálica cuberta que ampare das condicións metereolóxicas a zona de xogos do parque. Durante a súa visita á localidade, Natalia Prieto destacou a importancia da colaboración entre a administración autonómica e a local, “que é a mellor coñecedora das necesidades e demandas da veciñanza, xa que grazas a estas axudas, os concellos galegos levan a cabo actuacións que repercuten en melloras directas para o día a día dos cidadáns”. Concretamente, o concello de Noia nos últimos once anos ten recibido axudas da Vicepresidencia cun importe de máis de 770.000 euros destinados a proxectos beneficiarios da Orde de Infraestruturas, do Fondo de Compensación Ambiental, ademais da adquisición de vehículo de emerxencias e melloras na casa consistorial. m. T.

03 may 2021 / 18:22
  • Ver comentarios
Noticia marcada para leer más tarde en Tu Correo Gallego
TEMAS
Tema marcado como favorito
Selecciona los que más te interesen y verás todas las noticias relacionadas con ellos en Mi Correo Gallego.