Santiago
+15° C
Actualizado
sábado, 10 febrero 2024
18:07
h

Quintáns terá por fin saneamento e Araño recibirá auga do Ulla

Nunha primeira fase vaise abastecer á aldea de Corques a través dun depósito en Taragoña // Luz verde ao Centro de Información á Muller

O pleno celebrado pola Corporación municipal de Rianxo aprobou a relación de obras incluídas no Plan Único da Deputación da Coruña. Unha delas permitirá seguir afondando no obxectivo de fomentar o abastecemento e o saneamento integral no concello. Neste senso, para achegar a auga do Ulla a Araño promóvese unha actuación a modo de fase inicial que desde o depósito de Taragoña abastecerá a Corques e baixará á estrada xeral AC-305. Esta actuación contará cun orzamento de 103.962 €.

Trátase dunha actuación previa imprescindible para acometer en vindeiros POS unha rede de 200 metros a Outeiro e poder abastecer así ó núcleo de A Casilla, primeira das zonas de Araño que recibiría auga da traída pública. Dende alí, a rede irá a Pousada e á recta de Araño.

No que atinxe ao plan complementario, impúlsanse dúas actuacións: o cambio da cuberta do polideportivo (136.402 €) para eliminar filtracións, e dotación de redes de saneamento e abastecemento de auga no lugar de Quintáns, na parroquia de Isorna (fase 1), cun orzamento de 243.527 €. Este proxecto foi paralizado no seu momento dentro das actuacións da saneamento integral da ría que levou a cabo a Xunta e que se rescatou para ser financiado polo Plan Único da Deputación da Coruña.

Quintáns é o núcleo máis grande do concello que fica sen saneamento, unha situación que finalmente se corrixiría con este proxecto.

Dentro da achega provincial asignada ao financiamento dos gastos sociais extraordinarios, que destina para o Concello de Rianxo 144.008 €, optouse por unha doble actuación: o reforzo de persoal técnico e/ou administrativo, adscrito aos servizos sociais, co obxecto de apoiar ao equipo actual e facilitar a tramitación urxente das prestacións , e a creación do Centro de Información á Muller (CIM) con dúas persoas: un psicólogo e un traballador social. As novas prazas levan un investimento de 72.021 €. Ademais, reforzarase o gasto corrente de axuda a domicilio con 71.987 euros.

Tamén se destina a mellorar a xestión ordinaria a cantidade de 228.661 € para pagos pendentes a provedores e 100.965 € de financiamento de gasto corrente.

06 feb 2021 / 01:00
  • Ver comentarios
Noticia marcada para leer más tarde en Tu Correo Gallego
TEMAS
Tema marcado como favorito
Selecciona los que más te interesen y verás todas las noticias relacionadas con ellos en Mi Correo Gallego.