Santiago
+15° C
Actualizado
sábado, 10 febrero 2024
18:07
h

Reclaman dende o Bloque o mantemento dos postos de traballo da planta de lixo de Lousame

Lousame. A portavoz do BNG en Europa, Ana Miranda, e a deputada no Parlamento Galego, Rosana Pérez, mantiveron un encontro co comité de empresa da planta de compostaxe de Lousame, no que lles trasladaron o respaldo do Bloque non só desde o punto de vista laboral, senón tamén medioambiental. Segundo salientaron, resulta imprescindible defender este servizo básico e garantir o tratamento da materia orgánica para a elaboración de compost, tal e como fai esta planta.

As instalacións prestan servizo a 9 concellos e xeran máis de 150 postos de traballo, a cargo na súa maioría por mulleres. Neste sentido, defenderon que é imprescindible garantir a continuidade das traballadoras e traballadores máis alá de 2023, ano no que remata a actual concesión de FCC. Asemade, Ana Miranda reclamou investimentos europeos para cumprir cos obxectivos que marca a normativa, e avanzou que trasladará o tratamento de residuos en Galiza a Europa. Por último, a nacionalista denunciou que o modelo Sogama “incumpre sistematicamente tres directivas europeas, como son a de vertido, a de envases e marco de residuos”. m. c.

30 sep 2021 / 20:38
  • Ver comentarios
Noticia marcada para leer más tarde en Tu Correo Gallego
TEMAS
Tema marcado como favorito
Selecciona los que más te interesen y verás todas las noticias relacionadas con ellos en Mi Correo Gallego.