Santiago
+15° C
Actualizado
sábado, 10 febrero 2024
18:07
h

Recollidos na vila boirense vinte e cinco mil quilos de roupa usada

En virtude do convenio asinado con Cáritas hai instalados na vila cinco contedores de téxtil

Boiro. O Concello de Boiro e Cáritas Diocesana de Santiago de Compostela asinaron en marzo de 2020 un convenio para a colocación de contedores de roupa en varios puntos do municipio. Durante case un ano que levan colocados, dende que se asinou este convenio, recolléronse un total de 25.012 quilos de roupa. No concello hai instalados actualmente cinco recipientes para a recollida e tratamento do residuo téxtil.

Dous deles están na Praza da Mancomunidade, un na igrexa de Santa Baia, outro na estrada xeral de Cabo de Cruz e un en Escarabote.

Cando se asinou o convenio colocáronse catro contedores pero, debido á gran demanda, tivo que colocarse un máis na citada praza, un punto no que se recolleron un total de 7.674 quilos. No situado na igrexa de Santa Baia depositáronse 7.058 quilos; no de Cabo de Cruz, 5.662 quilos; e no de Escarabote 4.618.

CALENDARIOS. Por outra banda, o alumnado do IES da Pobra recibiu esta semana uns calendarios de mesa compostos por debuxos focalizados en concienciar contra a violencia de xénero e fomentar a igualdade. Así, os meses contan con ilustracións realizadas polo estudantado. Trátase dunha iniciativa do referido centro de ensino que conta coa colaboración da Concellería de Igualdade da Pobra do Caramiñal, da cal é titular a edil Charo Varela. A administración local foi a encargada de financiar a impresión dos 450 almanaques editados para ESO, Bacharelato e ciclos. s.s.

23 ene 2021 / 14:30
  • Ver comentarios
Noticia marcada para leer más tarde en Tu Correo Gallego
TEMAS
Tema marcado como favorito
Selecciona los que más te interesen y verás todas las noticias relacionadas con ellos en Mi Correo Gallego.