Santiago
+15° C
Actualizado
domingo, 28 noviembre 2021
02:00
h
Touro, Vedra e Boqueixón fixeron unha campaña conxunta // Mostra en Valga e Rois repartiu ‘Aloitadoras’ TEXTO Arca

Recoñecemento á loita feminina dende toda Área

A celebración do Día da Muller continúa removendo conciencias, grazas a concentracións e lecturas de manifestos por toda Área para apuntalar a importancia do papel feminino e os seus dereitos.

Así foi en Ordes, pero tamén en Santa Comba, onde celebraron un acto que defendeu o papel das xalleiras na cultura, e que incluiu actuación musical. En A Baña difundiron vídeos coas vivenzas de veciñas, mentras que en Oroso incidiron en que a COVID non pode ser excusa para recortar dereitos. Respecto a Ames, tamén se homenaxeou á poeta Filomena Fraga cun monolito e a outras dez mulleres nun roteiro.

En Carballo, na concentración virtual participaron máis de 250 persoas e máis de 1.000 a través das redes sociais, ás que se conectaron persoas dende Suíza, Holanda, Reino Unido, Venezuela ou Suecia.

A vila da Pobra foi escenario dunha caravana feminista na tarde do luns. O circuíto iniciouse no Paseo dos Areos para continuar polas rúas Ponte, Gasset, Paz, Díaz de Rábago e Anxo Rey e concluíu no aparcadoiro do recheo, onde se leu un manifesto. En Ribeira, a produtora Vía Láctea Filmes estreará este venres 12 ás 19.30 h. en formato autocine a longametraxe María Solinha. Será no aparcadoiro do CIFP Coroso e contará coa presenza do director do filme, Ignacio Vilar.

8M no Camiño da Igualdade é o lema da campaña de sensibilización que os concellos de Touro, Boqueixón e Vedra, integrados no Centro de Información á Muller (CIM) boqueixonés, puxeron en marcha con motivo da celebración do Día Internacional da Muller.

En Rois o Concello entregou un exemplar do libro ás 31 mulleres do municipio, protagonistas o ano pasado dunha exposición. E en Valga, as concelleiras inauguraron a mostra Valga leva nome de muller.

10 mar 2021 / 01:00
  • Ver comentarios
Noticia marcada para leer más tarde en Tu Correo Gallego
Selecciona los que más te interesen y verás todas las noticias relacionadas con ellos en Mi Correo Gallego.