Santiago
+15° C
Actualizado
sábado, 10 febrero 2024
18:07
h

Recuperan un torneo de bolos celtas nun campo existente en Boiro dende 1957

Boiro. Un nutrido grupo de afeccionados recuperou o tradicional Torneo do Bolos Celtas, que se celebrou no lugar de Boiro de Arriba, pertencente ao concello boirense, onde dispoñen dun antigo campo para a práctica desta modalidade deportiva do que existe constancia gráfica dende alomenos o ano 1957.

Ademais da precisión necesaria noutro tipo de bolos, nesta modalidade requírese forza nos xogadores, xa que as máximas puntuacións non se conseguen por derribo, senón por lanzar os bolos o máis lonxe ou alto posible.

Os gañadores da proba, que reuniu a un total de oito parellas, foron Diego e Ángel, quedano finalistas Antonio e Raponchi. No torneo participaron tamén parellas mixtas, femininas e de nenos e nenas.

A entrega de premios estivo presidida pola concelleira de Deportes, Dores Torrado, quen animou aos promotores desta iniciativa a manter vivo este deporte tradicional ao tempo que lles brindou o apoio municipal.

A xornada rematou cunha comida campestre de confraternidade na que participaron unha vintena de persoas, entre elas o vicrepresidente da Comunidade de Montes de Arriba, Jesús Briones, quen aproveitou a presenza da concelleira para solicitarlle que dende o Concello avalíen a posibilidade de recuperar tamén un antigo parque infantil que había na zona e que desapareceu debido á construción duns viais.

Pola súa banda, Dores Torrado comprometeuse a estudar a demanda veciñal. s. s.

09 may 2022 / 14:17
  • Ver comentarios
Noticia marcada para leer más tarde en Tu Correo Gallego
TEMAS
Tema marcado como favorito
Selecciona los que más te interesen y verás todas las noticias relacionadas con ellos en Mi Correo Gallego.