Santiago
+15° C
Actualizado
martes, 23 abril 2024
16:11
h

Regresan a Carnota as Noites Espectaculares con catro actuacións

carnota. Dende o ano 2018, o Concello de Carnota pon en marcha coa chegada do outono as Noites Espectaculares, un programa cultural para a poboación xoven e adulta. Todas as actuacións serán levadas a cabo no salón de actos da casa consistorial ás 21.00 horas dos venres sinalados. As Noites Espectaculares arrancarán o día 14 de outubro da man de Producións Dispersas con Memorias dun ser humano disperso. As seguintes sesións están fixadas para o 11 de novembro e o 16 e 30 de decembro. “Para todos os gustos, actuacións culturais en pequeno formato para adaptarse ao noso local, que sacará risas a esgalla ao público asistente con toda seguridade”, sinalaron fontes municipais. Lembrar que todas as iniciativas son de balde e con entrada libre ata completar aforo. Máis información no departamento de Cultura (647 459 445). m. c.

04 oct 2022 / 20:00
  • Ver comentarios
Noticia marcada para leer más tarde en Tu Correo Gallego
TEMAS
Tema marcado como favorito
Selecciona los que más te interesen y verás todas las noticias relacionadas con ellos en Mi Correo Gallego.