Santiago
+15° C
Actualizado
sábado, 10 febrero 2024
18:07
h

Remata o festival Raíces no periurbano de San Roque cun contacontos musical

Ribeira. O festival Raíces, que se celebra no parque periurbano de San Roque, en Ribeira, chegará á súa fin este sábado coa actuación de Vane Bolboretiña e Sabela Olivares, que presentarán o espectáculo titulado A vida dunha castaña. Trátase dun contacontos musical que levará a grandes e pequenos de volta a mestura entre natureza e cultura.

A actividade terá lugar a partir do mediodía no merendeiro do parque e está aberta a toda a xente que desexe achegarse para ser partícipes dunha iniciativa engarzada no proxecto de recuperación do periurbano de San Roque.

O festival Raíces estivo formado tamén pola proposta Elas, que a mediados de agosto evocou o tempo das lavandeiras no río Pedrín, e polo exitoso Primeiro Encontro Multicultural, celebrado a pasada fin de semana e no que moitas familias desfrutaron dunda merenda no parque, actuacións musicais, espectáculos infantís e unha mostra de artesanía. s. souto

24 sep 2021 / 01:00
  • Ver comentarios
Noticia marcada para leer más tarde en Tu Correo Gallego
TEMAS
Tema marcado como favorito
Selecciona los que más te interesen y verás todas las noticias relacionadas con ellos en Mi Correo Gallego.