Santiago
+15° C
Actualizado
jueves, 08 diciembre 2022
11:01
h

Rematan os obradoiros contra o acoso escolar para alumnos ribeirenses

RIBEIRA. Os obradoiros formativos sobre acoso escolar promovidos polo Instituto de Mediación Educativa de Ribeira e a concellería de Servizos Sociais remataron cos últimos dous encontros en centros educativos: o IES Leliadoura e o Colexio Galaxia. En total foron máis de 200 os alumnos dos centros de Secundaria, Bacharelato e FP do municipio que participaron nesta iniciativa que, baixo o título Dereito a saber: obradoiro sobre diversidade, tiña como obxectivo ofrecer ferramentas para combater os casos de acoso escolar derivados de calquera tipo de discriminación e sinaladamente por razóns de orientación sexual. As charlas foron impartidas por expertos da Asociación pola Liberdade Afectivo Sexual da Coruña. Ademais, trinta mestres e mestras recibiron formación sobre diversidade sexual e prevención de acoso LGTBIfóbico. suso souto

23 nov 2022 / 14:08
  • Ver comentarios
Noticia marcada para leer más tarde en Tu Correo Gallego
TEMAS
Tema marcado como favorito
Selecciona los que más te interesen y verás todas las noticias relacionadas con ellos en Mi Correo Gallego.