Santiago
+15° C
Actualizado
sábado, 10 febrero 2024
18:07
h
Portos de Galicia tamén vén de contratar os traballos para os de Corme, Fisterra, Muros e Corcubión // O orzamento total dos proxectos ascende a máis de
1,3 millóns de euros e o prazo de execución será de dez meses TEXTO Marta Torres

Renovación integral para os pantaláns do peirao do Freixo

A Consellería do Mar, a través de Portos de Galicia, vén de asinar o contrato para a execución das obras de mellora de pantaláns en oito peiraos da provincia da Coruña, entre os que se atopan os de Corme, Fisterra, O Freixo, Muros e Corcubión.

As actuacións contemplan a reforma integral dos pantaláns e estruturas aboiantes das dársenas mellorando as instalacións en relación coas prestacións de seguridade. Así mesmo, procederase á reparación correspondente nos casos das dotacións que presentaban deficiencias provocadas polo propio uso.

O orzamento total do contrato ascende a máis de 1,3 millóns de euros e o prazo de execución dos traballos será de dez meses. Porto por porto, as contías aproximadas de cada intervención son as seguintes: Corme, 77.000 euros; Fisterra, 288.000 €; O Freixo, 443.000 euros; Muros, 120.000 €, e Corcubión, 36.000 euros. Tamén se actuará en Pontedeume, 244.000 euros; Miño, 235.000 euros, e Betanzos, 15.000 euros.

Polo que respecta ás intervencións previstas, as melloras consistirán na substitución de elementos de madeira, renovación de pavimentos por madeiras sintéticas de maior duración e que reducen o risco de deslizamento, dotación de elementos auxiliares de seguridade como fingers, escaleiras e balizamentos dos pantaláns, entre outras.

Unha partida importante do orzamento total están consignados ás infraestruturas outenses. Fai máis de quince anos, este peirao pegou o gran salto gracias a un investimento do mencionado ente público que superaba os tres millóns de euros. Un proxecto que supuxo a mellora da contorna portuaria da vila, ampliando prestacións e compatibilizando a actividade cos usos deportivos. Para conseguilo, habilitáronse 188 prazas de amarre para embarcacións de profesionais do mar, así como 74 atracadas para a náutica deportiva. Tamén se prolongou o dique de abrigo flotante, instaláronse varios pantaláns e ampliáronse algunhas das ramplas de varada existentes. Estas actuacións completáronse coa ordenación e urbanización da fachada marítima.

Xa no 2017, Portos renovou os pantaláns pesqueiros de O Freixo, actuando nos amarres das embarcacións menores, na pasarela e o módulo principal. Unhas melloras que se sumaron a outras anteriores nas que se crearon 24 novas prazas.

O ente que preside Susana Lenguas conta con 14.331 prazas de amarre en sesenta e seis dos cento vinte e dous peiraos que xestiona ao longo dos máis de 1.700 kilómetros de franxa litoral. De estas, 10.174 son do sector náutico-recreativo (o vinte e un por cento impulsadas pola iniciativa privada) e 4.147 do sector profesional, pesqueiro e acuícola, impulsadas pola Xunta.

Recordar que a Consellería de Mar, a través de Portos, comprometeu no exercicio 2021 un investimento de 7,3 millóns de euros en dotación e mellora de instalacións, pantaláns e prazas de amarre nos peiraos de titularidade autonómica. Polo que respecta ao ámbito de Área de Compostela, entre as obras incluídas está a reordenación da dársena e a instalación de novas pasarelas en Ribeira, a construción do pantalán de pasaxe e a ampliación da Escola de Remo de Pontecesures ou o embarcadoiro de Valga.

o protagonista
“O MARISQUEO É A PRINCIPAL FORZA ECONÓMICA”
Manuel González
Alcalde de Outes

O alcalde de Outes, Manuel González, resaltou a necesidade destas melloras no peirao de O Freixo. “Era unha demanda de hai tempo porque os pantaláns están nun estado bastante malo, pois é unha infraestrutura moi utilizada sobre todo na época do marisqueo, unha parte importante do ano”, comentou o rexedor, quen sinalou que “o mantemento é necesario para conservar unha actividade económica tan relevante como esta”. En canto ao inicio das obras, agarda que comecen de inmediato, xa que “púxenme en contacto con eles en varias ocasións porque estaban previstas para outubro e levan retraso”.

O mandatario local destacou o peso da citada parroquia outense. “Este porto é tan importante porque é o único onde temos actividade portuaria e onde se concentra a frota marisqueira, así como outras embarcacións. Para nós é un elemento central, pois o marisqueo é a principal forza económica do Concello”, afirmou.

Ademais, Manuel González avanzou que nos vindeiros meses “executaremos un proxecto de arranxo do paseo marítimo de O Freixo. Cos labores que se van facer agora, o que se fai é complementar o esforzo de Portos de Galicia cunha actuación de mantemento do paseo de madeira que enlaza co dos pantaláns”. Investirán nestes traballos 45.000 euros procedentes das arcas municipais.

{ blanco o negro }
Generar vida
Marta Torres

Es lógico que la Xunta de Galicia invierta en la mejora de los pantalanes, pues ello responde al compromiso de la Administración con el crecimiento del sector pesquero. Con estas actuaciones se facilitan las operaciones dentro del muelle y, a su vez, se incrementa la seguridad de los usuarios. Unas partidas importantes que, dada la situación actual derivada del coronavirus, suponen un chute de vitalidad con las que poder realizar intervenciones en las infraestructuras que dinamicen la economía gallega y reviertan en la mejora socioeconómica del colectivo. En el caso del puerto de O Freixo, en el que se invierte gran parte del montante, esta actuación dará respuesta a las necesidades del sector profesional. Son proyectos fundamentales para continuar generando vida en las instalaciones.

21 mar 2021 / 01:00
  • Ver comentarios
Noticia marcada para leer más tarde en Tu Correo Gallego
TEMAS
Tema marcado como favorito
Selecciona los que más te interesen y verás todas las noticias relacionadas con ellos en Mi Correo Gallego.